reproducir
reproducir
(< re- + producir)
-
v t
Producir ou facer unha copia moi semellante a outra que se toma como referencia.
Ex: Este pintor reproduciu fielmente un cadro de Laxeiro.
-
v t
Ser unha cousa moi semellante a outra que se toma como referencia.
Ex: Este texto reproduce parcialmente a primeira escena de Os vellos non deben de namorarse.
-
v t
Repetir algo que dixo alguén.
Ex: O teu papagaio reproduce todo o que dis.
-
v t
Producir algo de novo cos métodos axeitados.
Ex: Este magnetófono reproduce moi ben o son.
-
v pron
Producirse algo de novo.
Ex: É posible que o tumor se reproduza.
-
v pron
Dar lugar uns seres vivos a outros da mesma especie.
Ex: Algúns animais reprodúcense igual ca o home.