República, La

República, La

Semanario publicado en Ourense a partir do 4 de maio de 1930. Cesou o 22 de xuño de 1931. Subtitulado “Órgano da Federación Republicana de Orense”, foi unha iniciativa da Federación Republicana para a que funcionou como voceiro. Dirixido por Jacinto Santiago, en marzo de 1931 foi substituído por Roberto Blanco Torres, cando Santiago e outros dous redactores foron procesados por artigos publicados neste xornal. Dos seus colaboradores destacan xentes do galeguismo con outras próximas ao radical-socialismo. Censurado en numerosas ocasións, distribuíuse polas principais vilas da provincia ourensá.