Repullés Vargas, Enrique María
Repullés Vargas, Enrique María
Arquitecto. Foi un dos máis destacados representantes do historicismo de finais do s XIX e caracterizouse polo uso dunha linguaxe clasicista, que evolucionou cara ao neomedievalismo, cun estilo neomudéxar e neogótico. Traballou na restauración de diferentes construcións como a igrexa de San Jerónimo el Real de Madrid e a de San Vicente de Ávila. Tamén realizou o edificio da Bolsa de Comercio de Madrid (1885-1893) e a Casa Consistorial de Valladolid (1898). Foi secretario da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ávila -
Deceso
Lugar : Madrid