Reselados, Os

Reselados, Os

Grupo de deputados galegos de mediados do s XIX que posuían o dominio absoluto nos seus distritos electorais. Representantes do progresismo, formaron parte da Unión Liberal e apoiaron as manobras electorais de José Posada Herrera, ministro da Gobernación e home de confianza de L. O’Donnell Jorrís, a cambio da súa inclusión nas listas ministeriais. Destacaron, entre outros, Antonio Romero Ortiz, representante de Ponte Caldelas e ministro en diversas ocasións, Augusto Ulloa Castañón, deputado pola Fonsagrada e ministro de varios departamentos en diversas ocasións, e Domingo Antonio Merelles, representante do Carballiño.

Palabras veciñas

Reseda | resedáceo -a | Rešef | Reselados, Os | Resende | Resende, Garcia de | resentido -da