Resende
Resende
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe portuguesa que se asentou en Galicia e que trae por armas, en campo de prata, un caldeiro de sable na punta, con tres flores de lis de sinople, colocadas en faixa no xefe; bordo de goles, cargado de sete aspas de ouro, colocadas tres en xefe e dúas en cada flanco. Outro trae, escudo medio partido e cortado: 1, de prata, cun león da súa cor; 2, de sinople, con tres bandas de ouro; e 3, de ouro, con cinco roeis de goles.