resistencia
(< lat resistentĭa)
-
s
f
-
Acción de resistir ou de resistirse.
-
[DER]
Delito que consiste na oposición ou rebeldía, manifestada con actos externos, a un axente da autoridade no cumprimento das súas obrigas.
-
-
-
s
f
Poder ou capacidade de resistir.
-
s
f
[FISIOL]
Mecanismo de defensa natural que posúe un individuo para defenderse dun axente patóxeno, nocivo ou tóxico e evitar así a aparición da enfermidade.
-
s
f
[TECNOL]
Propiedade que teñen os corpos de soportar a acción de axentes, físicos ou químicos, sen romper ou deformarse.
-
s
f
[PSIC]
Conxunto de forzas psicolóxicas que, nun doente, se opón á súa cura.
-
caixa de resistencia
[ECON]
Fonte económica que acumulan os sindicatos para resistiren durante unha folga.
-
resistencia de materiais
[TECNOL]
Rama da técnica mecánica que ten por obxecto a determinación das dimensións que teñen que ter as pezas ou os elementos das máquinas ou das construcións, de acordo coa súa forma, os materiais con que están feitos, os esforzos que teñen que soportar ou as condicións de traballo. Así preténdese obter o máximo aproveitamento dos materiais e un grao de seguridade suficiente. As diversas clases de resistencia que se estudan son: a resistencia á tracción, á compresión, ao cizallamento, á flexión, á torsión e ao encurvamento.
-
resistencia globular eritrocítica
[FISIOL]
Capacidade dos glóbulos vermellos de soportar, sen seren destruídos, a introdución dentro dunhas solucións salinas máis ou menos concentradas.
-
resistencia varietal
[BOT]
Propiedade dalgunhas variedades de resistir pragas e doenzas.
-
s
f
-
-
s
f
Forza que se opón á acción doutra.
-
s
f
[AERON]
Forza que opón o aire ao avance dunha aeronave no seo da atmosfera. Considérase directamente proporcional ao cadrado da velocidade e á sección transversal máxima da fuselaxe, dentro dos límites en que se desenvolve a navegación aérea, e depende do ángulo de ataque e da forma da aeronave.
-
s
f
[AUTOM]
Forza que se opón ao avance dun automóbil e que é a suma da resistencia que opón o aire, como no caso das aeronaves, e a resistencia de rodaxe, que é producida polo rozamento das rodas sobre o chan. A resistencia oposta polo aire, que aumenta proporcionalmente ao cadrado da velocidade, é a máis importante.
-
s
f
[FÍS]
Calquera causa de oposición a un movemento.
-
s
f
[FÍS/IND]
Forza que cómpre vencer, nunha máquina simple, mediante a aplicación da potencia.
-
resistencia acústica
[FÍS]
Compoñente real da impedancia acústica. Na propagación do son expresa a propiedade atenuadora do medio, é dicir, a absorción dunha parte da enerxía sonora por parte do medio. É característica dos materiais porosos. A resistencia acústica referida á unidade de sección e de lonxitude é a resistividade acústica.
-
resistencia ambiental
[ECOL]
Conxunto de factores ambientais, bióticos e abióticos, que, nun momento determinado, fan que o crecemento dunha poboación natural non acade o máximo teórico establecido nas condicións que rexen na fase exponencial da curva de crecemento, diminuíndo a supervivencia dos organismos vivos.
-
s
f
-
[FÍS]
-
s
f
Oposición que presenta un corpo ao paso da corrente eléctrica. En corrente continua a resistencia é igual ao cociente entre a diferenza de potencial entre os extremos do condutor e a intensidade da corrente que por el circula. En corrente alterna fálase de resistencia efectiva. Represéntase por R e a unidade de medida é o ohm.
-
resistencia aparente
impedancia.
-
resistencia específica
resistividade.
-
resistencia interna
Resistencia propia dun xerador ou dun dispositivo electrónico. Fálase de resistencia estática ao referirse a valores constantes, e de resistencia dinámica, se se refire a valores incrementais.
-
s
f
-
[FÍS]
-
s
f
Elemento que se caracteriza por posuír unha determinada resistencia fixa e constante. As resistencias son elementos básicos de calquera circuíto electrónico e poden ser variables ou axustables. Unha resistencia denomínase pura se non presenta reactancia.
-
resistencia magnética
relutancia.
-
resistencia non lineal
Resistencia que non obedece á lei de Ohm. Existen diferentes tipos: as que varían coa temperatura, que á súa vez poden ser de coeficiente de temperatura negativo (resistencias NTC) ou de coeficiente positivo (resistencias PTC); as que varían coa luz (LDR) e as de valor dependente da tensión (VDR).
-
s
f
-
f
[POLÍT]
Oposición ás forzas invasoras dunha potencia estranxeira ou ben ao poder establecido no propio país cando se fai totalitario ou inxusto. Distínguese a resistencia pacífica, que é un método non violento de oposición ao sistema establecido que consiste en negarse a participar en certos aspectos da vida pública, e a resistencia activa, que realiza sabotaxes, atentados e outros actos, e que adoita utilizar os métodos da loita de guerrillas.
-
probas de resistencia
[DEP]
probas de fondo.
Refráns
- Ata a morte, pe forte.
- Non hai terra tan brava que resista ao arado, nin hai home tan manso que queira ser mandado.
- O pano podre non garda puntada.