Resnais, Alain
Resnais, Alain
Realizador cinematográfico francés. Adscrito á Nouvelle Vague do cine francés, constitúe, no aspecto estético, o seu representante máis esixente. Considerouse o creador dun cine-literatura a raíz da súa colaboración con novelistas modernos, como Marguerite Duras en Hiroshima, mon amour (1959); Alain Robbe-Grillet en L’année dernière à Marienbad (1960); e Jorge Semprún en La guerre est finie (1966). Destacan os seus filmes Loin du Vietnam (1967), L’an 01 (1973), Providence (1976), Mon oncle d’Amerique (1980), premiada no Festival de Cannes; Melo (1986) e Gerschwin (1992).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vannes