reter

reter

(< lat retinēre)

  1. v t
    1. Impedir o movemento ou a separación.

      Ex: Nada a retivo naquel lugar. Un accidente retivo o tráfico durante horas.

    2. Conservar ou gardar en si.

      Ex: A toalla retivo toda a auga. A miña nai retén moitos líquidos. O xogador retivo o balón máis do permitido.

    3. Privar de liberdade por un período breve de tempo, como castigo ou de xeito cautelar.

      Ex: Retivérono dous días no calabozo. Retivo o can cando chegou o carteiro.

    4. Impedir ou conter a saída dun sentimento ou dun impulso.

      Ex: Foi difícil reter tanto noxo.

  2. v t

    Descontar unha cantidade de diñeiro reservándoo para satisfecer algunha débeda ou obriga tributaria.

    Ex: Este ano retivéronme o 10% do soldo.

  3. v t

    Conservar algo na memoria.

    Ex: Retén todo o que lle din.