RETEVISIÓN
RETEVISIÓN
Nome científico:
[Red Técnica Española de Televisión]
Operador de telefonía básica constituído en 1989 como Ente Público Operador de Telecomunicaciones a partir dunha escisión da rede técnica de RTVE. Foi propietario dunha das máis importantes redes estatais de transporte e difusión do sinal televisivo (TVE, Antena 3, Tele 5, Canal Plus e algunhas televisións autonómicas). Iniciou un proceso de privatización (1997) por parte dun consorcio de empresas liderado por Endesa, Unión Fenosa e Telecom Italia, que adquiriron o 70% das accións, proceso que culminou en 1999 cando o Estado adquiriu o 30% restante. En 2002 pasou a formar parte do Grupo Auna, formado por Auna para servizos de comunicación fixa e Amena para comunicacións móbiles, que o vendeu en decembro de 2003 ao grupo Abertis.