Retia
Retia
Antiga rexión dos Alpes Centrais, que se estendía polos vales superiores do Rin, o Inn e o Adige e comprendía máis ou menos o actual Tirol, parte de Baviera e de Suíza. Orixinariamente habitárona pobos guerreiros, en parte celtas, e para asegurar a tranquilidade da Galia Cisalpina foi sometida ao Imperio Romano por Tiberio e Druso en tempos de Augusto (15 a C), e confiada ao gobernador da Galia. A consecuencia das invasións bárbaras estivo moi desprotexida no s V e rexíaa un duque ostrogodo, ata que tras a morte de Teodorico I o Grande, pasou ao poder dos bávaros, que a xermanizaron rapidamente.