retorno

retorno

(< retornar)

  1. s m

    Acción de retornar.

    Sinónimos: regreso.
  2. s m [FÍS]

    Liña ou condutor cuxa corrente volve ao lugar de orixe (xerador ou transformador) do circuíto. Adoita empregarse o mesmo retorno para diversos circuítos, denominándose retorno común.

  3. s m [MAR]

    Polea que se fixa nun punto adecuado para cambiar a dirección na que traballa un cabo.

  4. s m [LIT]

    Cada un dos versos que se van engadindo a unha copla de danza cada vez que se repite o seu canto.

  5. s m [TECNOL]

    Retroceso dunha peza ou cambio moi grande na dirección dunha corrente, como o da auga fría na caldeira dunha instalación de calefacción central.

  6. s m [AUTOM]

    Circuíto ou liña que introduce a retroacción nun servosistema.

  7. conta de retorno [DER/ECON]

    Importe que se produce por unha letra de cambio impagada e protestada que se engade ao importe da letra orixinal polos gastos do protesto, os dereitos do timbre, a comisión de xiro, a corretaxe da negociación, os gastos da correspondencia e o dano ocasionado polo recambio de letra.

Palabras veciñas

retornar | retorneado -da | retornear | retorno | Retorno | retorrománico -ca | retorsión