revelación

revelación

(< lat revelatĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de revelar ou revelarse.

  2. s f

    Descubrimento de algo que se mantiña en segredo.

  3. s f

    Cousa descuberta.

  4. s f

    Persoa, animal ou cousa que demostra nun determinado momento calidades excepcionais.

  5. s f [RELIX]
    1. Acto polo que Deus se manifesta aos homes e lles descubre o seu designio de salvación. Na tradición xudeocristiá, Deus faise presente primeiro en toda a historia do pobo de Israel por medio de acontecementos e signos cuxo significado vén dado polos profetas; tamén se revela directamente, por medio de visións e soños, aos profetas, ou ben polas reflexións de sabios inspirados; e finalmente, por medio do seu fillo, Xesús Cristo, revélase a través da súa morte e resurrección, cuxo significado é dado pola ensinanza de Xesús e dos apóstolos.

    2. Contido da manifestación divina.

Palabras veciñas

Revel, pazo do | revelábel | revelable | revelación | revelado -da | revelador -ra | revelar