revelación
(< lat revelatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de revelar ou revelarse.
-
s
f
Descubrimento de algo que se mantiña en segredo.
-
s
f
Cousa descuberta.
-
s
f
Persoa, animal ou cousa que demostra nun determinado momento calidades excepcionais.
-
s
f
[RELIX]
-
Acto polo que Deus se manifesta aos homes e lles descubre o seu designio de salvación. Na tradición xudeocristiá, Deus faise presente primeiro en toda a historia do pobo de Israel por medio de acontecementos e signos cuxo significado vén dado polos profetas; tamén se revela directamente, por medio de visións e soños, aos profetas, ou ben polas reflexións de sabios inspirados; e finalmente, por medio do seu fillo, Xesús Cristo, revélase a través da súa morte e resurrección, cuxo significado é dado pola ensinanza de Xesús e dos apóstolos.
-
Contido da manifestación divina.
-