revelador -ra
revelador -ra
(< lat revelatōre)
-
adx e s
Que ou quen revela.
-
s
m
[IMAX]
Baño ao que se someten as emulsións fotográficas impresionadas para transformar a imaxe latente en imaxe visible. Adoita ser unha disolución acuosa dun axente redutor, dunha substancia conservadora, dun acelerador e dunha substancia retardadora. O axente redutor reduce os sales de prata iluminados converténdoos en prata metálica e deixando intactas as que non foron expostas á luz. A substancia conservadora impide a rápida oxidación do axente redutor, e o acelerador permite reducir completamente os sales de prata iluminados. A substancia retardadora ten por misión impedir que os brancos se velen.