revelado -da
revelado -da
(< revelar)
-
p reg
de revelar ou revelarse.
-
adx
Que foi descuberto.
-
s
m
[IMAX]
Conxunto de operacións ás que se someten as emulsións fotográficas para facer visibles e estables as imaxes latentes que foron impresionadas. O revelado comprende o revelado propiamente dito e a fixación. No revelado a superficie impresionada mergúllase no revelador, para así obter a imaxe fotográfica visible. Logo desta operación e de lavar a superficie sensible para deter a acción do revelador, mergúllase no fixador, que elimina os sales de prata non suxeitas.