Revell, Viljo

Revell, Viljo

Arquitecto finlandés. Traballou no estudo de Alvar Aalto e foi un dos autores do Palacio de Vidro de Helsinqui. Con Keijo Petäja realizou o edificio de oficinas co hotel Teollisnuskeskus en Helsinqui (1952), e con H. Castren, B. Lundsten e S. Valjus, o City Hall de Toronto (1958-1968). Realizou tamén a oficina téxtil Kudeneule, en Hanko (1955).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vaasa

  • Deceso

    Lugar : Helsinki