Reverter Sequeiros, Estanislao
Reverter Sequeiros, Estanislao
Político e piloto de rallyes. Foi piloto de automóbiles de competición entre 1955 e 1975, gañador en 54 rallyes, e campión de España en diversas ocasións. En 1969 foi elixido concelleiro de Ourense polo terzo familiar pero o gobernador civil impediu o seu nomeamento polos antecedentes republicanos da súa familia. Participou na formación de UCD en Ourense e foi deputado no Congreso na lexislatura constituínte por UCD (1977-1978). Presidente da Federación Galega de Automobilismo e vicepresidente da Real Federación Española de Automovilismo, en 1968 creou o Rally Internacional de Ourense. Foi galardoado coa medalla de prata ao Mérito Deportivo.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ourense -
Deceso