Revolta
Revolta
Publicación de carácter anarquista editada en Santiago de Compostela en febreiro de 1976. Cesou no número 15. De follas soltas elaboradas en multicopista, publicouse por entregas durante o peche que os estudantes universitarios mantiveron no Palacio de Fonseca en febreiro de 1976.