rexeitamento

rexeitamento

(< rexeitar)

  1. s m

    Acción e efecto de rexeitar.

    Sinónimos: rechazo.
  2. s m [FISIOL]

    Resposta inmunolóxica dun organismo contra as células, tecidos ou órganos transplantados (ou o sangue transfundido) que lle son incompatibles. O seu mecanismo inclúe a citólise ou a necrose, a causa da reacción inmunoespecífica de defensa, posta en marcha polos antíxenos de histocompatibilidade determinados xeneticamente.

    Sinónimos: rechazo.
  3. rexeitamento en modo común [FÍS]

    Propiedade que ten o circuíto diferencial, nun amplificador operacional, para reducir a variación de corrente continua, debida á temperatura, ou de darlle unha saída nula cando hai un sinal común nas dúas entradas. Constitúe un parámetro esencial do amplificador.

Palabras veciñas

Rexeira Goldar | rexeitábel | rexeitable | rexeitamento | rexeitar | rexelo | rexemento