rexeitar

rexeitar

(

  1. v t
    1. Facer retroceder algo ou alguén que se achega opondo resistencia.

      Ex: O cristal do coche rexeitou a pedra que caíra do camión.

      Sinónimos: rechazar, repeler.
    2. [DEP]

      Afastar o móbil de referencia (o balón) da propia meta (ou portaría), nos deportes de oposición con balón.

      Ex: Rexeitou a pelota coa cabeza. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: O porteiro rexeitou cos puños.

      Sinónimos: rechazar.
  2. v t

    Resistir un ataque ou unha agresión.

    Ex: Rexeitaron a ofensiva inimiga.

    Sinónimos: rechazar, repeler.
  3. v t

    Non aceptar unha persoa ou unha cousa.

    Ex: Rexeitou a proposta de traballo. Rexeitáronos na festa.

    Sinónimos: rechazar, refugar, refusar.
  4. v t

    Reprobar algo que se considera malo.

    Ex: Rexeitamos o seu modo de comportarse.

    Sinónimos: rechazar.
  5. v t

    Expulsar fóra algo que se inxeriu.

    Ex: Rexeita todo o que come.

    Sinónimos: rechazar. Confrontacións: vomitar.
  6. v t [MED]

    Responder inmunoloxicamente un organismo contra as células, tecidos ou órganos transplantados (ou o sangue transfundido) que lle son incompatibles.

    Ex: O novo corazón foi rexeitado polo organismo.

    Sinónimos: rechazar.

Palabras veciñas

rexeitábel | rexeitable | rexeitamento | rexeitar | rexelo | rexemento | Rexemento da Morte
Conxugar
VERBO rexeitar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rexeito
rexeitas
rexeita
rexeitamos
rexeitades
rexeitan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rexeitaba
rexeitabas
rexeitaba
rexeitabamos
rexeitabades
rexeitaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rexeitei
rexeitaches
rexeitou
rexeitamos
rexeitastes
rexeitaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rexeitara
rexeitaras
rexeitara
rexeitaramos
rexeitarades
rexeitaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rexeitarei
rexeitarás
rexeitará
rexeitaremos
rexeitaredes
rexeitarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rexeitaría
rexeitarías
rexeitaría
rexeitariamos
rexeitariades
rexeitarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rexeite
rexeites
rexeite
rexeitemos
rexeitedes
rexeiten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rexeitase
rexeitases
rexeitase
rexeitasemos
rexeitasedes
rexeitasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rexeitar
rexeitares
rexeitar
rexeitarmos
rexeitardes
rexeitaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
rexeita
-
-
rexeitade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rexeitar
rexeitares
rexeitar
rexeitarmos
rexeitardes
rexeitaren
Xerundio rexeitando
Participio rexeitado
rexeitada
rexeitados
rexeitadas