rexencia

rexencia

(< lat tardío regentĭa)

  1. s f

    Acción de rexer ou gobernar.

  2. s f

    Dignidade ou cargo de rexente.

  3. s f

    Época e duración do goberno dun rexente.

  4. s f [HIST]

    Goberno dun estado monárquico en lugar e en nome do rei. Pode ter lugar durante a súa minoría de idade, pola súa ausencia do territorio ou pola súa incapacidade xurídica. Na historia de España houbo varios períodos de rexencia, entre eles a de Mariana de Austria (1665-1677), a de María Cristina das Dúas Sicilias (1833-1840), a de Espartero (1840-1843) e a de María Cristina de Austria (1885-1902). A Constitución de 1978 establece a quen lle corresponde a rexencia en cada situación.

  5. s f [HIST]
    1. Antiga denominación da administración municipal dalgunhas cidades de Alemaña e dos Países Baixos.

    2. Antiga denominación do goberno dalgúns países do norte de África como Trípoli ou Tunes.