rexencia
(< lat tardío regentĭa)
-
s
f
Acción de rexer ou gobernar.
-
s
f
Dignidade ou cargo de rexente.
-
s
f
Época e duración do goberno dun rexente.
-
s
f
[HIST]
Goberno dun estado monárquico en lugar e en nome do rei. Pode ter lugar durante a súa minoría de idade, pola súa ausencia do territorio ou pola súa incapacidade xurídica. Na historia de España houbo varios períodos de rexencia, entre eles a de Mariana de Austria (1665-1677), a de María Cristina das Dúas Sicilias (1833-1840), a de Espartero (1840-1843) e a de María Cristina de Austria (1885-1902). A Constitución de 1978 establece a quen lle corresponde a rexencia en cada situación.
-
s
f
[HIST]
-
Antiga denominación da administración municipal dalgunhas cidades de Alemaña e dos Países Baixos.
-
Antiga denominación do goberno dalgúns países do norte de África como Trípoli ou Tunes.
-