Rexencia, estilo
Rexencia, estilo
Estilo decorativo que se desenvolveu en Francia durante o goberno do rexente Filipe II de Orléans. Representou a ruptura co estilo Luís XIV, pero sen chegar ao exceso decorativo. En arquitectura, que deu numerosos palacetes, destacaron Robert de Cotte e Germain Boffrand; e C. Audran e G. M. Oppenordt, que introduciron a cuncha e a singerie na decoración. Os mobles experimentaron un inicio da curvatura das patas e apareceron as primeiras cómodas ventrudas. O principal ebanista foi Charles Cressent.