rexeneracionismo
rexeneracionismo
(
s
m
[HIST]
Corrente ideolóxica que se desenvolveu en España entre finais do s XIX e principios do XX, provocada polo desastre colonial de 1898, aínda que xa existía un substrato de insatisfacción co sistema sociopolítico e económico da Restauración. Propuña unha serie de reformas políticas, económicas e sociais para rexenerar o país, propugnando a supremacía técnica e administrativa sobre a política e a necesidade dun ditador.