rexeneración
rexeneración
(< latregeneratĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de rexenerar ou rexenerarse
-
s
f
[BIOL]
Renovación natural ou reparación dun tecido ou de partes desaparecidas.
-
s
f
[FISIOL]
Conxunto de procesos que levan á restitución máis ou menos completa dun órgano e que se poñen en marcha pola perda accidental deste.
-
s
f
[RELIX]
Renovación, renacemento moral ou cambio radical para ben, dun individuo ou dun grupo.
-
s
f
[RELIX]
Renacemento á vida espiritual polo bautismo, chamado tamén sacramento da rexeneración. De acordo coa concepción bíblica da creación nova, o Novo Testamento emprega o termo palinxénese.