Rey Pedreira, Santiago

Rey Pedreira, Santiago

Arquitecto. Titulado pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1928), traballou con Pedro Mariño Ortega, a quen sucedeu como arquitecto municipal da Coruña (1931-1950). Representante destacado do movemento racionalista en Galicia, as súas obras caracterizáronse pola pureza das formas, a sinxeleza decorativa e a economía no deseño. Despois da Guerra Civil Española, evolucionou cara ao historicismo influído pola arquitectura monumentalista alemá. Realizou a urbanización e ensanche de Ferrol (1929) e na Coruña o mercado de Santo Agostiño (1932-1936), xunto con Antón Tenreiro, onde introduciu a técnica do formigón e unha estrutura formal que lembra a das naves industriais, o Estadio Municipal de Riazor (1939-1944), de estilo monumentalista historicista, o Pazo Municipal dos Deportes de Riazor (1970) e diversos edificios de vivendas. No eido do urbanismo, reivindicaba a necesidade dunha planificación racional. Académico desde 1948 da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, foi un dos impulsores do Colexio de Arquitectos de Galicia.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña