Rey Soto, Antonio
Relixioso e escritor. Ordenado sacerdote (1901), formouse nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. Colaborador d’O Tío Marcos d’a Portela, mantivo unha estreita relación con Basilio Álvarez. En agosto de 1922 participou na creación da produtora viguesa Celta Film, con Antonio Méndez Laserna e Carlos Reguenga Borrajo, unha sociedade formada para a explotación en España e América de filmes relacionados con Galicia e Asturias. Colaborou de forma activa coa primeira obra da produtora, Un viaje por Asturias y Galicia (1922), de Luis Rodríguez Alonso, e en 1926 colaborou na longametraxe Carmiña, flor de Galicia, de Rino Lupo. Seguidor de Lord Byron e Horacio, é autor de Nido de áspides (1911), Remansos de paz, campos de guerra (1915), o poema A Tola de Covas (1917), o poema dramático Amor que vence al amor (1917), a novela La Loba (1918), o drama Cuento del lar (1918), Colón español, hijo de Pontevedra (1920?), El dolor del Almirante (1929), Estampas Guatemaltecas (1929), La copa de cuasia (1930), El Crisol del Alquimista (1931), o poema El diálogo de los paladines (1931) e Galicia: venera y venero de España (1949). Foi membro fundador da Academia de Poesía Española de Madrid (1910) e membro numerario da Real Academia Galega (1920).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santa Cruz do Arrabaldo, Ourense -
Deceso
Lugar : Madrid