Rheticus, Georg Joachim

Rheticus, Georg Joachim

Astrónomo alemán. De nome Georg Joachim von Lauchen, foi profesor de matemáticas na Universidade de Wittenberg. En 1539 marchou a Frauenburg para coñecer a Copérnico, do que fixo imprimir De revolutionibus orbium coelestium. Nomeado profesor en Leipzig (1542), confioulle a impresión da obra a Osiander, quen lle engadiu pola súa conta un prólogo; en 1543 foille enviada a Copérnico. Rheticus elaborou unha táboa de logaritmos (1596) que dá os valores dos senos, cunha precisión de 15 decimais.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Feldkirch, Vorarlberg

  • Deceso

    Lugar : Košice, Eslovaquia