Rhinanthus
Rhinanthus
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas anuais, hemiparasitas, da familia das escrofulariáceas, coas follas opostas e simples e flores solitarias ou dispostas en acios terminais, de cores variadas, co cáliz inflado e corola bilabiada. En Galicia está presente na rexión oriental a especie R. minor, que medra en prados e florece entre os meses de maio a xuño.