rhyton*

rhyton*

Recipiente en forma de corno, baleirado e furado na punta, que se designou así posiblemente a partir do s IV a C. Anteriormente denominouse ÷έñáò (corno). Utilizouse para beber a chorro e acabou por converterse nun vaso. Modelado con formas de rostros de animais na parte inferior, foi moi usual en Grecia e en Italia empregouse, en época romana, na decoración de fontes e de xardíns.

Sinónimos

Palabras veciñas

Rhys ap Gruffydd | Rhys, Jean | rhythm and blues* | rhyton* | RI | ría | Ría