Ribadavia, Santa María de Oliveira de
Ribadavia, Santa María de Oliveira de
Igrexa situada en Ribadavia. Pertenceu aos monxes de Santa María de Oseira, que recibiron a súa doazón por parte do Rei Fernando II en 1164 cando aínda estaba en construción. Reedificada no s XIII, no s XIV pasou a depender do bispado de Tui, ata que a pasou á diocese de Ourense. Ten unha soa nave con cuberta de madeira e o presbiterio cóbrese con bóveda renacentista. Da construción orixinal só se conserva a fachada, de estilo románico de transición, na que destaca o arco oxival con dúas arquivoltas apuntadas sustentadas por columnas acaroadas. Na parte superior ten un rosetón cunha celosía. O resto do edificio pertence a épocas posteriores, sobre todo do Renacemento. No adro atópase un cemiterio e consérvase un cruceiro barroco.