Ribadavia, Santiago de

Ribadavia, Santiago de

Igrexa situada en Ribadavia. Realizada en estilo románico, tamén conta con elementos góticos, ten unha soa nave rectangular con cuberta de madeira, ábsida semicircular con bóveda de cruzaría e presbiterio de dous tramos. No exterior destacan os canzorros que se atopan por todo o muro e os capiteis figurativos. A fachada principal ten dous contrafortes e portada con tripla arquivolta de medio punto sobre tres pares de columnas de bo tamaño. Na parte dereita sitúase a torre-campanario do s XVI.