Ribadense, El
Ribadense, El
Semanario publicado en Ribadeo a partir de febreiro de 1909. Cesou en febreiro de 1920. Editado nos obradoiros tipográficos de César González-Seco (Mondoñedo) e na tipografía de Francisco Lanza (Ribadeo) xa nos últimos anos, apareceu como semanario independente. De tendencia conservadora, foi dirixido por Marcial de Mira. Alternou temas de carácter local con outros de Galicia e do ámbito internacional, ademais de incluír artigos sobre o campo galego e as loitas sociais.