Ribadesella

Ribadesella

Municipio de Asturias, situado na desembocadura do Sella, na costa cantábrica (6.252 h [2001]). De economía agrícola e gandeira, é un porto pesqueiro e turístico. De Arriondas a Ribadesella celébrase o Descenso Internacional do Sella en piraguas. Do seu patrimonio cultural destacan as pinturas rupestres (BIC, 1970) das covas de Tito Bustillo.