Ribas Montenegro, Federico

Ribas Montenegro, Federico

Debuxante e pintor. Con dezasete anos emigrou a Arxentina, onde comezou a debuxar e colaborou en Última hora, Papel y tinta e Caras y caretas. En 1912 instalouse no barrio parisino de Montmatre e coñeceu a art nouveau e outras tendencias artísticas. Co estoupido da Primeira Guerra Mundial regresou a España e en 1916 instalouse en Madrid. Comezou a colaborar na prensa galega (Faro de Vigo, El Pueblo Gallego) e madrileña (Blanco y Negro). Ao iniciarse a Guerra Civil trasladouse a Bos Aires en 1936, onde foi director artístico da revista Atlántida. Regresou a España en 1949. Sobresaíu como ilustrador de libros, cartelista e debuxante humorístico e empregou a acuarela, o guache e a tinta, principalmente sobre papel e cartón. Na súa obra destacaron as figuras femininas estilizadas e sensuais, realizadas en estilo modernista, que aplicou ao deseño gráfico e industrial. O seu estilo aproximouse á art nouveau e á art déco. Realizou as xilografías dunha edición de Rinconete y Cortadillo de Miguel de Cervantes.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo

  • Deceso

    Lugar : Madrid