Ribbentrop, Joachim von

Ribbentrop, Joachim von

Político alemán. Foi conselleiro de asuntos exteriores de A. Hitler na chegada ao poder dos nazis (1933). Negociou o acordo británico-alemán que autorizou o rearmamento naval alemán (1935), e con Xapón o Pacto Antikomintern (1936). Foi ministro de Asuntos Exteriores (1938) e asinou o Pacto de Aceiro con Italia (1939), pero o seu maior éxito foi a sinatura do Pacto Xermano-soviético (1939). A súa importancia decaeu durante a Segunda Guerra Mudial. Xulgado como criminal de guerra no Proceso de Nuremberg, foi condenado a morrer na forca.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Wesel

  • Deceso

    Lugar : Nuremberg