Ribeira, pazo da

Ribeira, pazo da

Construción situada en Quembre (Carral). Ten planta rectangular de grandes proporcións e cuberta a catro augas. Realizouse en cachotaría con cantaría nos vans, linteis e esquinais, e conta cunha galería de madeira ao nordés que se lle engadiu no s XX. Na fachada posterior atópase un escudo do s XVIII que alude aos Salazar e Alvarado. Conta cunha capela dedicada a san Xoán.