Ribeira, porto de
Ribeira, porto de
Porto comercial e pesqueiro situado no concello do mesmo nome. Amplo e moi ben resgardado, conta cun importante peirao comercial e unhas instalacións deportivas con capacidade para 215 atraques. Ten un calado de 3 m, efectos navais, talleres, combustible, Capitanía Marítima, auga, enerxía e iluminación. Conta con instalacións PIF (Punto de Inspección Fronteiriza). É un porto importante na descarga de túnidos conxelados. É o primerio porto de España e da UE en pesca de baixura.