Ribeira, Santa Uxía de

Ribeira, Santa Uxía de

Igrexa parroquial situada en Ribeira. Construída entre 1861 e 1864 segundo un proxecto de Faustino Domínguez Domínguez, realizouse en cachotaría, agás a fachada, que se fixo en cantaría, e aproveitáronse elementos dun templo anterior. Ten planta de cruz latina con capelas laterais na nave central. A nave principal, de gran tamaño, cóbrese con bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto e as capelas laterais con bóveda de aresta. No exterior destaca un ciborio octogonal e a fachada de corte clasicista dividida en tres rúas. Na central está a portada principal alintelada que dá acceso ao templo, e as rúas laterais son simétricas e teñen dúas fornelas. A fachada divídese horizontalmente mediante unha cornixa e remata nun frontón triangular. As dúas torres-campanario incrústanse na nave e rematan en dous templiños coas campás.