Ribera i Cucó, Josep de
Pintor. Coñecido como Lo Spagnoletto, de moi novo marchou a Roma, onde viviu intensamente a nova maneira introducida por Caravaggio e asistiu á Accademia Nazionale di San Luca. Despois estableceuse en Nápoles, onde recibiu a protección dos representantes da Coroa de Castela, o duque de Osuna e o conde de Monterrey. Recibiu encargos importantes e un gran número das súas obras chegaron á Península Ibérica. O seu estilo evolucionou de maneira inversa ao de Caravaggio, pois foise aclarando progresivamente, evolución que se aprecia en Calvario da colexiata de Osuna (1616-1620), Trinidad (1636?) e El sueño de Jacob (1639). A composición das súas obras está equilibrada mediante o debuxo e a cor. O dominio do debuxo manifestouno nos gravados. Entre as súas obras destacan tamén Isaac bendiciendo a Jacob (1637), El Nacimiento (1643), La Adoración de los pastores (1650), La Piedad (1637), La Purísima Concepción (1635) e os cadros de martirios, cun movemento moi dinámico de diagonais, crueis e cun factor sádico, que o enlazaron coa corrente barroca hispánica, como as diferentes versións do Martirio de San Bartolomé (1630?) ou do Martirio de San Sebastián (1628).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Xàtiva -
Deceso
Lugar : Nápoles