ribonucleico, ácido

ribonucleico, ácido
Nome científico: [ARN]
[BIOQ]

Grupo de ácidos formados por numerosos nucleósidos unidos entre eles mediante o ácido fosfórico. O ARN contén catro tipos de bases (adenina, guanina, citosina e uracilo) e é sintetizado no núcleo durante a transcrición. Existen tres tipos principais: o ARN mensaxeiro (ARNm), o ARN ribosómico (ARNr) e o ARN de transferencia (ARNt). O ARNt actúa como molécula transportadora de aminoácidos específicos durante a síntese proteica no ribosoma, mediante a formación de aminoacil-ARNt. Nun extremo da súa cadea todos teñen o mesmo trinucleótido (dúas citosinas e unha adenina) e no outro extremo teñen un resto de ácido guanílico. Existen probas da existencia de formas de ARN de cadea dobre, como é o caso do cromosoma de certos virus. A función do ARN de transferencia consiste en facer coincidir cada aminoácido diante do cordón de ARN mensaxeiro que lle corresponde segundo o código xenético. O ARN pode actuar como catalizador e realizar funcións de transmisión de información e de catálise. Altman traballou co enzima ribonuclease P e mostrou que contiña ARN e que era necesario para a súa actividade. Cech demostrou que a actividade enzimática dalgúns ARN é comparable á dos enzimas formados por proteínas.

Palabras veciñas

riboflavina | Ribón | ribonuclease | ribonucleico, ácido | ribonucleósido | ribonucleótido | ribosa