Riboud, Marc
Riboud, Marc
Fotógrafo francés. Estudou (1945-1948) e traballou (1948-1952) como enxeñeiro ata que abandonou a súa carreira pola fotografía (1953). Formou parte da Axencia Magnum (1955), onde foi presidente (1975). Foi o primeiro fotógrafo que entrou en China (1957). Viaxou por Vietnam, URSS ou África e os seus traballos publicáronse en Life, Geo, National Geographic, Paris-Match e Stern. Caracterizado por unha fotografía espontánea e auténtica, publicou Three Banners of China (1966), Face of North Vietnam (1970), Visions of China (1981) e In China (1996).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lyon