Richter, Karl
Richter, Karl
Director de orquestra, organista e clavecinista alemán. Foi organista da igrexa de San Tomé de Leipzig (1949-1951). Fundou o coro e a orquestra Bach de Múnic (1953), cos que efectuou numerosas gravacións do compositor barroco, como A Paixón segundo san Mateo, A Paixón segundo san Xoán, a Misa en si menor, o Magnificat e numerosas cantatas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Plauen, Saxonia -
Deceso
Lugar : Múnic