Ricón Virulegio, Amado

Ricón Virulegio, Amado

Filólogo. Presidente do IGAEM e catedrático de Literatura Española, foi xefe do departamento de linguas estranxeiras en The College of Staten Escand de Nova York. Autor de diversos artigos sobre a colectividade galega en EE UU, especializouse na obra de Eduardo Pondal, polo que editou algunhas das súas obras, como Eduardo Pondal: Novos poemas (1971), en que incluíu algunhas composicións inéditas; e Os Eoas (1992), en que insire moitas das correccións do autor. Ademais é autor do estudo biográfico Eduardo Pondal (1981) e de Estética poética de Eduardo Pondal (1985).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Redondela