Riefenstahl, Helene Bertha Amalie

Riefenstahl, Helene Bertha Amalie

Realizadora cinematográfica e fotógrafa alemá. Coñecida como Leni Riefenstahl, comezou na danza. Da interpretación en Der Heilige Ber (1926) e SOS Eisberg (1933), pasou á dirección, onde amosou especial interese polo corpo humano. Dirixiu Das Blaue Licht (1932) e os documentais para o III Reich Triumph des Willens (1935) e Olympia (1936). Tras a Segunda Guerra Mundial foi considerada unha colaboracionista do réxime nazi. Dedicada á fotografía antropolóxica, fotografou a tribo nuba en África, que plasmou en Die Nuba von Kau (1973) e Mein Afrika (1982), e realizou fotografía submarina en The Coral Garden (1973). Publicou as autobiografías Memoirs (1987) e os documentais Die Macht del Bilder (1992) e Impressionen unter Wasser (2002).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Berlín

  • Deceso

    Lugar : Poecking