Rietveld, Gerrit Thomas

Rietveld, Gerrit Thomas

Arquitecto e deseñador neerlandés. Membro do grupo neoplasticista De Stijl, esforzouse en proporcionar equilibrio ás tensións construtivas (casa Schröder en Utrecht, 1924), ao tempo que se interesou pola aplicación da cor na arquitectura. Cofundador en 1928 dos CIAM en La Sarraz, colaborou na construción dun barrio modelo en Viena (1932) e realizou o Museo Zonnehof de Amersfoort (1959).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Utrecht

  • Deceso