Riis, Jacob August
Riis, Jacob August
Fotógrafo. Emigrado a EE UU (1870), traballou como reporteiro para New York Tribune e Evening Sun. Empregou por vez primeira o flash para retratar, moitas veces de noite ou en interiores, as miserables condicións de vida nos barrios pobres, sobre todo dos emigrantes e dos nenos. Os seus traballos How the Other Half Lives (1888) e Children of the Poor (1892) serviron como denuncia destas situacións. Publicou a súa autobiografía The Making of an American (1901).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ribe, Dinamarca -
Deceso
Lugar : In Barne, Massachusetts