Rijeka
Rijeka
Cidade de Croacia, situada ao L da península de Istria (147.700 h [2001]). Principal vila portuaria de Croacia, ten industrias de papel, de fabricación de motores e refinarías de petróleo. Antiga Tarsática, recibiu o nome de Fiume durante o dominio veneciano no s XIII. En 1446 pasou aos Habsburgo e en 1779 a Hungría. Durante a Primeira Guerra Mundial disputárona Italia e Iugoslavia e tras o Tratado de Roma (1924) pasou a Italia. En 1947 polo Tratado de París pasou a Croacia.