Rijn, Harmensz van

Rijn, Harmensz van

Pintor holandés. Coñecido como Rembrandt, foi discípulo dos pintores italianistas Jacob Isacszoon van Swanenburch e Jacob Symonszoon Pynas. En Leiden traballou estreitamente con Jan Lievens e en 1631 trasladouse a Amsterdam, onde frecuentou o taller de Pieter Pieterszoon Lastman. Estilisticamente partiu dunha base italiana clasicista, influído pola obra de Caravaggio, aínda que a súa obra se dividiu en dúas etapas, diferenciadas pola morte da súa dona, Saskia (1644). Na primeira (1625-1644) partiu dun naturalismo aínda non formado e reforzado por un claroscuro máis formal que ideolóxico (A lección de anatomía do doutor Tulp, 1632). A luz e a cor empregadas foron suaves e potenciaron a beleza plástica dos conxuntos, nos que con frecuencia representou a filósofos e a personaxes bíblicos (A lapidación de Santo Estevo, 1625), aínda que tamén tratou o tema mitolóxico (Artemisa, 1634) e o retrato (A parella feliz, 1634). O segundo período correspondeuse coa escaseza económica do pintor, polo que os temas tratados foron máis agres (Boi esfolado, 1655), aínda que de gran calidade (A rolda de noite, 1642; Os síndicos do gremio de paneiros, 1662), a maioría deles relixiosos, codificando a iconografía relixiosa do mundo protestante como Cristo e a adúltera (1644) e Xosé e a muller de Putifar (1656).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Leiden

  • Deceso

    Lugar : Amsterdam