Rila
Rila
Macizo montañoso, que se estende ao SO de Bulgaria, e que constitúe a parte setentrional do Rodope. O pico máis alto, o Musala (2.925 m) é tamén o cume máis elevado da rexión balcánica. Nos arredores da vila homónima atópase o mosteiro de Rila, fundado polo ermitán Iván de Rila (s X), aínda que o edificio que se conserva é do s XII. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1983).